Novas

(Case) 800 anos da dedicación da catedral de Tui

Cada ano, desde a súa consagración no ano 725 polo bispo naquel momento Esteban Egea, o 1 de decembro celébrase o aniversario da dedicación da Santa Iglesia Catedral de Tui, sede do bispo e igrexa nai para toda a diocese, que, nesta ocasión, cumpre 797 anos da súa dedicación. Con tal motivo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza presidirá a eucaristía no templo catedralicio ás 12 horas.

No marco desta celebración, a vigairía para o clero organiza unha xornada de convivencia sacerdotal que comezará ás 11 horas no templo, cunha meditación sobre a Palabra de Deus no Advento que impartirá o biblista Uxío Nerga Menduiña. Unha vez terminada a celebración da eucaristía que comezará ás 12 horas, o licenciado en Historia da arte, Ramón Fernández, impartirá o relatorio «Oitocentos anos construíndo unha catedral entre dúas ribeiras, dous reinos e dous países», na que se tratará de contextualizar o espazo físico da catedral dentro do espazo histórico, como a evolución do proceso construtivo do templo, as relacións do cabido coa cidade tudense ou as influencias reelaboradas provenientes doutros lugares, entre outros temas.

(Case) 800 anos da dedicación da catedral de Tui