Cada ano, desde a súa consagración no ano 725 polo bispo naquel momento Esteban Egea, o 1 de decembro celébrase o aniversario da dedicación da Santa Igrexa Catedral de Tui, sede do bispo e igrexa nai para toda a diocese, que, nesta ocasión, cumpre 799 anos da súa dedicación. Con tal motivo, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidirá a eucaristía no templo catedralicio, o luns 2 de decembro, ás 12.00 horas.
No marco desta celebración, a Vigairía para o Clero organiza unha xornada de convivencia sacerdotal que comezará ás 11:00 horas no templo, cunha meditación e tempo para a oración persoal dos presbíteros. Unha vez terminada a celebración da eucaristía que comezará ás 12:00 horas, o deán da catedral e delegado diocesano para a Causa dos Santos, José Diéguez, impartirá unha charla informativa sobre o estado do proceso de canonización do patrón da diocese, o benaventurado Pedro González Telmo.
Fonte: diocesetuivigo.org