O día de Noiteboa, o papa Francisco abría a Porta Santa da basílica de San Pedro en Roma, inaugurando así o Xubileu Universal chocalleiro que se convoca cada 25 anos e que se desenvolverá durante todo o 2025, baixo o lema «Peregrinos de esperanza». Na diocese de Tui-Vigo, a apertura deste ano Xubilar tivo lugar na cidade tudense, ás 17.00 horas, do domingo 29 de decembro.
Decenas de fieis congregáronse a esa hora ao redor da capela da Misericordia en Tui, onde se desenvolveron os ritos iniciais presididos polo prelado de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, acompañado polo bispo emérito, Mons. Luís Quinteiro, e polo presbiterio diocesano. Tras a lectura do Evanxeo, léronse diversos fragmentos da bula de convocación do Ano Xubilar, titulada «Spes non confundit (A esperanza non defrauda)», que lembra que este acontecemento quere converterse nun «momento de encontro vivo e persoal con Xesús» e unha «ocasión para reavivar a esperanza».
Estes ritos iniciais deron paso á procesión que encabezou a cruz de prata e ébano do século XIX, doada á Confraría de Santo Telmo e que, fóra do Venres Santos durante os oficios propios desa xornada, atópase presidindo a sancristía do templo catedralicio. Bispos, sacerdotes e fieis “peregrinaron” cara á catedral, ondecomezou a celebración da eucaristía.
Durante a súa intervención, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, sinalou que «o Xubileu é unha invitación para aprender a mirar e descubrir a semente de Dios e a súa acción na historia e no mundo». Neste sentido, lembraba as palabras do Santo Pai de ser signos tanxibles de esperanza e exhortaba a profundar no perdón e na tenrura: «somos invitados a perdoar a todos, sen xulgar, e perdoar todo.Somos invitados a pedir perdón, sabendo que non nos humilla senón que nos fai máis grandes. Precisamos ser curados e curar». Convidaba tamén, de forma especial, a practicar a tenrura, «capaz de mirar aos ollos ao irmán, e de falar ao corazón de xeito sinxelo, con xestos pequenos que fan novidosos cada día; tenrura que non cansa nin se cansa, que abre as ventás do corazón e da alma».
Entre as accións previstas para o Ano Xubilar, a diocese de Tui-Vigo organiza tres peregrinacións a Roma en marzo, xuño e agosto. Ademais, desde agora, quedan establecidos templos xubilares para que aquelas persoas que teñan dificultades para peregrinar a Roma poidan gañar tamén a graza do Xubileu: a catedral en Tui, a concatedral-basílica en Vigo e o santuario da nosa Señora da Franqueira.
O Xubileu foi sempre un acontecemento de gran importancia espiritual, eclesial e social na vida da Igrexa. Desde que Bonifacio VIII instituíu o primeiro Ano Santo en 1300 —con cadencia de cen anos, que despois pasou a ser segundo o modelo bíblico, de cincuenta anos e ulteriormente fixado en vinte e cinco—, o pobo fiel de Deus viviu esta celebración como un don especial de graza, caracterizado polo perdón dos pecados e, en particular, pola indulxencia, expresión plena da misericordia de Dios. Os fieis, xeralmente ao final dunha longa peregrinación, acceden ao tesouro espiritual da Igrexa atravesando a Porta Santa e venerando as reliquias dos Apóstolos Pedro e Paulo conservadas nas basílicas romanas. Millóns e millóns de peregrinos acudiron a estes lugares santos ao longo dos séculos, dando testemuño vivo da súa fe perdurable.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
O día de Noiteboa, o papa Francisco abría a Porta Santa da basílica de San Pedro en Roma, inaugurando así o Xubileu Universal chocalleiro que se convoca cada 25 anos e que se desenvolverá durante todo o 2025, baixo o lema «Peregrinos de esperanza». Na diocese de Tui-Vigo, a apertura deste ano Xubilar tivo lugar na cidade tudense, ás 17.00 horas, do domingo 29 de decembro.
Decenas de fieis congregáronse a esa hora ao redor da capela da Misericordia en Tui, onde se desenvolveron os ritos iniciais presididos polo prelado de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, acompañado polo bispo emérito, Mons. Luís Quinteiro, e polo presbiterio diocesano. Tras a lectura do Evanxeo, léronse diversos fragmentos da bula de convocación do Ano Xubilar, titulada «Spes non confundit (A esperanza non defrauda)», que lembra que este acontecemento quere converterse nun «momento de encontro vivo e persoal con Xesús» e unha «ocasión para reavivar a esperanza».
Estes ritos iniciais deron paso á procesión que encabezou a cruz de prata e ébano do século XIX, doada á Confraría de Santo Telmo e que, fóra do Venres Santos durante os oficios propios desa xornada, atópase presidindo a sancristía do templo catedralicio. Bispos, sacerdotes e fieis “peregrinaron” cara á catedral, ondecomezou a celebración da eucaristía.
Durante a súa intervención, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, sinalou que «o Xubileu é unha invitación para aprender a mirar e descubrir a semente de Dios e a súa acción na historia e no mundo». Neste sentido, lembraba as palabras do Santo Pai de ser signos tanxibles de esperanza e exhortaba a profundar no perdón e na tenrura: «somos invitados a perdoar a todos, sen xulgar, e perdoar todo.Somos invitados a pedir perdón, sabendo que non nos humilla senón que nos fai máis grandes. Precisamos ser curados e curar». Convidaba tamén, de forma especial, a practicar a tenrura, «capaz de mirar aos ollos ao irmán, e de falar ao corazón de xeito sinxelo, con xestos pequenos que fan novidosos cada día; tenrura que non cansa nin se cansa, que abre as ventás do corazón e da alma».
Entre as accións previstas para o Ano Xubilar, a diocese de Tui-Vigo organiza tres peregrinacións a Roma en marzo, xuño e agosto. Ademais, desde agora, quedan establecidos templos xubilares para que aquelas persoas que teñan dificultades para peregrinar a Roma poidan gañar tamén a graza do Xubileu: a catedral en Tui, a concatedral-basílica en Vigo e o santuario da nosa Señora da Franqueira.
O Xubileu foi sempre un acontecemento de gran importancia espiritual, eclesial e social na vida da Igrexa. Desde que Bonifacio VIII instituíu o primeiro Ano Santo en 1300 —con cadencia de cen anos, que despois pasou a ser segundo o modelo bíblico, de cincuenta anos e ulteriormente fixado en vinte e cinco—, o pobo fiel de Deus viviu esta celebración como un don especial de graza, caracterizado polo perdón dos pecados e, en particular, pola indulxencia, expresión plena da misericordia de Dios. Os fieis, xeralmente ao final dunha longa peregrinación, acceden ao tesouro espiritual da Igrexa atravesando a Porta Santa e venerando as reliquias dos Apóstolos Pedro e Paulo conservadas nas basílicas romanas. Millóns e millóns de peregrinos acudiron a estes lugares santos ao longo dos séculos, dando testemuño vivo da súa fe perdurable.
Apertura del Año Jubilar 2025 en la diócesis de Tui-Vigo | © Diocese de Tui-Vigo